Curso de Oboe
YEON HEE KWAK
16, 17 e 18 de Febreiro
PRAZO MATRÍCULA AMPLIADO
YEON HEE KWAK.
Yeon Hee Kwak naceu en Seul, Corea do Sur. Despois de completar os seus estudos na Universidade de Hanyang trasládase a Alemaña onde obtén o Diploma de Solista de Oboe co Profesor Ingo Goritzki na Academia Estatal de Música e Artes de Stuttgart no ano 2000.
En 1995 Yeon Hee Kwak gañou o primeiro premio na International Chamber Music Competition de Lodz (Polonia) e o Rotatory Encouragement Prize en Stuttgart. Un ano máis tarde gaña tamén o primeiro premio da International Music Competition de Bayreuth. No ano 1997 recibe por unanimidade o German Academy Competition de Würzburg e o International Sony Competition de Tokyo. En setembro de 1998 foi distinguida co 11º Premio Davidoff, o cal é presentado anualmente pola compañía Reemtsma, premiado a excepcionalidade interpretativa.
En 2001, Yeon Hee Kwak recibe o premio “Boto Klassik” German recording Prize á máis prometedora nova intérprete polo seu CD coas obras de A. Pasculli. Recibiu posteriormente outro premio “Boto Klassik” no ano 2007 na categoría de “Instrumentista do ano” polo seu CD “Oboe Só” con composicións de J. S. Bach, Gilles Silvestrini e Astor Piazzola, tamén realizado para a discográfica MDG. A atención pola súa gravación das obras de Antal Dorati fué tamén recibida pola prensa especializada cun gran éxito de crítica.
Yeon Hee Kwak interpretou concertos como Solista coas Orquestras de Padova e o Veneto, a Arcata Chamber Orchestra de Stuttgart, Camerata Hanseática de Danzig, KBS Seoul Radio Symphony Orchestra, Korean Symphony Orchestra de Seul, German chamber Academy the Neuss ( Alemaña) e a German Bach Soloist. Foi artista convidada en gran parte dos festivais internacionais de Europa como o Eckelshausen Music Days, European Music Festival de Stuttgart, “Wechselströme, Ostasien +..” en Berlin, classic Festival de Rottweil, the United States ” Oregon Bach Festival” e Korean (ICM Chamber Music Festival) de Seul.
Desde 2000 a 2008, Yeon foi Oboe solista da Orquestra Münchner Rundfunkorchester e na Facultade da Academia de Música e Artes do estado en Stuttgart.
Desde o ano 2007 Yeon Hee Kwak toca un Oboe da casa Ludwig Frank.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
Prezo da matrícula
Alumnos activos: 150 Euros .
Alumnos oíntes: 50 euros.
CC: 2080-0075-03-0040031501
Admitirase un máximo de 11 alumnos activos, a selección será por orde de inscrición.
Prazas matriculadas á data 9-02-2011:
6
Data límite de Inscrición: 9 de febrero ás 13 horas
A Inscrición realizarase enchendo a aplicación que está ao final deste artigo. Os alumnos do Conservatorio terán automaticamente praza no curso. Para as demais prazas ou no caso de que haxa máis alumnos do conservatorio matriculados que o número de prazas para o curso, imperará rigorosa orde de inscrición. O día 10 de febreiro confirmarase aos alumnos a realización do curso. No caso de non obter praza procederase ao reingreso inmediato da totalidade do importe abonado.
Ademais da inscrición, realizarase o abono do curso, indicando o nome e apelido do alumno, e a palabra OBOE. O certificado de abono pode mandarse escaneado no momento de realizar a inscrición, por mail: a conserweb@conservatoriosuperiorvigo.com , fax: 986481807 ou entregándoo na secretaría do Centro.
Profesor Coordinador: Ricardo Pazo