CURSO INTRODUCCIÓN Á RÍTMICA JAQUES-DALCROZE
Rítmica Jaques-Dalcroze
A Rítmica é unha educación activa pola música e para a música. O seu principal obxectivo é atopar unha boa relación entre o corpo e o espírito.
“Facer de todo o organismo un oido interior”
Émile Jaques-Dalcroze (1898)
Datas: 25, 26 e 27 de febreiro
Grazas á música, a Rítmica permite que:
O corpo se converta en instrumento eficaz e sensible, un medio de adaptación, de anticipación, de acción en relación ó seu contorno (espacial, musical, social).
Se acheguen experiencias, vivencias de sensacións e relacións con outras artes.
A capacidade de expresión se desenvolva tanto a nivel corporal como musical.
Corporalmente: trabállase con todo o corpo, incluída a voz e os sentidos auditivo, visual, táctil, kinestésico…
Cognitivamente: constrúense representacións mentais persoais a través da práctica de exercicios simbólicos, gráficos, etc.
Que é a Rítmica?
Unha educación musical a través da experiencia corporal, e unha educación corporal a través da vivencia musical.
Cal é o seu principal obxectivo?
A aprendizaxe da música a partir da participación activa de cada individuo. Respectando o seu propio ritmo de aprendizaxe, valorando a súa personalidade, fomentando a súa creatividade e imaxinación.
Que finalidade ten?
A harmonización de todo o ser, pondo en estreita relación o corpo e o espírito de cada individuo a través da experiencia corporal e musical.
Anna Alegre Valls
“Licence d’enseignement de rythmique et solfège selon a Mètode Jaques-Dalcroze”, Suíza. Imparte regularmente cursos de formación do profesorado dirixidos a profesores de música, danza, mestres de educación infantil e primaria, profesionais do teatro, entre outros. Como especialista en pedagoxía musical a través do movemento impartiu seminarios, conferencias, talleres, cursos en xeral na Coruña, Barcelona, Dresde (Alemaña), Gran Canarias, Genève (Suíza), Igualada, León, Lozds (Polonia), Madrid, Palma de Mallorca, Pontevedra, Reus, Santiago de Compostela, Tarragona, Tortosa, Valladolid, Vigo, etc. O seu espírito de investigación no campo da coreografía e da expresión creativa levoulle a profundar no campo do rítmica-movemento, sendo especialmente admirada polo seu traballo didáctico e coreográfico con nenos e adolescentes. Actualmente é profesora na Escola Municipal de Música de Granollers e no Centre d’Ensenyaments Artístics i Primaris Oriol Martorell de Barcelona. Desde setembro do 2009 dirixe o curso de Formación Permanente do Profesorado CERTIFICADO JAQUES-DALCROZE, e é Directora do XXXVVVIII Curso de verán de Rítmica Jaques Dalcroze no Institut Joan Llongueras de Barcelona. En xullo do 2003 é nomeada delegada de España na FIER, Féderation International deas Enseignants de Rythmique. Desde maio do 2004 é membro activo da Xunta Directiva da Asociación Española de Rítmica.
Obxectivos
Dar a coñecer a rítmica Jaques-Dalcroze a través da práctica directa dos seus elementos máis significativos
Relacionar os exercicios da rítmica Dalcroze coa aprendizaxe da música
Motivarnos a descubrir e investigar no campo da pedagoxía musical
Propor actividades e achegar recursos de traballo novos no ensino da música
Contidos
1. FORMACIÓN RÍTMICA
1.1. O movemento rítmico, corporal e musical
1.2. Elementos da linguaxe musical a través do movemento
1.3. Expresión musical e corporal
1.4. Improvisación e creación
2. CREACIÓN RÍTMICA
2.1Audición da música coa participación activa do noso corpo
2.2Audición activa da música como fonte de inspiración e creación do movemento. Desenvolvemento da expresión corporal a través da expresión musical
2.3Recursos coreográficos para visualizar corporalmente e espacialmente a música que se escoita
3. DIDÁCTICA DA RÍTMICA
3.1Metodoloxía e pedagoxía da rítmica
3.2Exemplos concretos da aplicación da rítmica nas clases de música con nenos.
Metodoloxía
Desenvolvésense todos os contidos do curso a partir da participación activa do alumnado asistente, aprendendo a través da súa propia experiencia e vivencia persoal. Á finalización de cada sesión dedicarase un tempo para escribir e comentar os exercicios realizados.
Dirixido a
A profesores do Conservatorio Superior de Música
A alumnos avanzados do Conservatorio Superior de Música
A persoas interesadas na Metodoloxía Jaques-Dalcroze con coñecementos musicais suficientes que lles permita seguir sen dificultade as actividades propostas
Equipo de traballo
Roupa cómoda e deportiva. Zapatillas de rítmica ou calcetíns antiescorregadizos.
Estructura del curso
-
es-Dalcroze Viernes 25 de febrero 2011
De 15.30h a 16.00h Presentación Metodológica
De 16.00h a 18.00h Formación Rítmica
De 18.00h a 18.20h Pausa
De 18.20h a 19.30h Comentarios y reflexiones
en torno a la rítmica
-
La Rítmica Jaques-Dalcroze Sábado 26 de febrero 2011
De 10.00h a 12.00h Formación Rítmica
De 12.00 a 12.30h Pausa
De 12.30h a 14.00h Formación y Creación Rítmica
De 14.00h a 15.30h Pausa COMIDA De 15.30h a 17.30h Didáctica de la Rítmica
De 17.30h a 18h Pausa De 18h a 18.50h CLASES-DEMOSTRACIÓN
CON NIÑOS/AS
De 18.50h a 19.30h Seminario
CLASE-DEMOSTRACIÓN
-
La Rítmica Jaques-Dalcroze Domingo 27 de febrero 2011
De 10.00h a 12.00h Formación Rítmica
De 12.00 a 12.30h Pausa
De 12.30h a 14.00h CURSO GLOBAL
Clausura del curso
Información e Inscrición
Datas: 25, 26 e 27 de febreiro
Número prazas alumnos: 30 activos
Prazas matriculadas á data 9-02-2011:
29
Prezos: Alumnos do conservatorio: 70€
Alumnos no matriculados no conservatorio: 85€
CC: 2080-0075-03-0040031501
Data límite de Inscrición: 18 de febrero ás 13 horas
A Inscrición realizarase enchendo a aplicación que está ao final deste artigo. Os alumnos do Conservatorio terán automaticamente praza no curso. Para as demais prazas ou no caso de que haxa máis alumnos do conservatorio matriculados que o número de prazas para o curso, imperará rigorosa orde de inscrición. O día 21 de febreiro confirmarase aos alumnos a realización do curso.
Aos asistentes ao curso expediráselles un certificado de realización do curso cun total de 20 horas.
Ademais da inscrición, realizarase o abono do curso, indicando o nome e apelido do alumno, e a palabra CURSO. O certificado de abono pode mandarse escaneado no momento de realizar a inscrición, por mail: a conserweb@conservatoriosuperiorvigo.com , fax: 986481807 ou entregándoo na secretaría do Centro.
Profesora Coordinadora: Josefina Alborés
alboresnunez@hotmail.com