CLASES MAXISTRAIS DE VIOLA
A desenrolar os días 28 de febrero e 1 e 2 de marzo
ANNA PUIG TORNÉ (Viola). Nacida en Anglesola (Lleida) en 1982, inicia os seus estudos musicais á idade de 5 anos de viola e piano no Conservatorio Municipal de Cervera en 1987. Cursa o titulo superior de viola con Paul Cortese obtendo asmáximas cualificaciones. Continua os seus estudos de posgrao na Hochschule ” Hanns Eisler ” de Berlin, ingresando en 2002 na clase de Walter Kussner. Actualmente prosegue os seus estudos coa profesora Tabea Zimmermann na mesma universidade. En xullo de 2008 finaliza os seus estudos de posgrao coa mesma profesora obtendo as máximas cualificacións.
Mostrando un gran interese na disciplina orquestral, Anna Puig formou parte de moitas orquestras ao longo da súa carreira como Jove Orquestra Simfònica de Catalunya, Joven Orquestra Nacional de España, European Union Youth Orchestra e Gustav Mahler Jugend Orchester.
Colabora con moitas outras orquestras como a Berliner Philharmoniker, Orquestra de Cadaqués e en categoría de viola solista toca con Euskadiko Orkestra, Orquestra Sinfónica de Navarra, Orquestra da RTVE e Orquestra Sinfónica de Castela e León. Actualmente é membro da Mahler Chamber Orchestra e BandArt Orquestra.
No campo da música de cámara , é membro fundador devarios grupos de cámara como o Quixote Quartet, co cal realizou unha xira de concertos polos Emiratos Árabes, o Farben Projekt e actualmente o Noyas Quartett.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
Prezo da matrícula
Alumnos activos do Conservatorio Superior de Música de Vigo: 40 Euros .
Alumnos oíntes do Conservatorio Superior de Música de Vigo: 10 Euros .
Alumnos activos: 50 Euros.
Alumnos oíntes: 20 euros.
CC: 2080-0075-03-0040031501
Admitirase un máximo de 10 alumnos activos é número infinito de alumnos oíntes. A selección será por orde de inscrición.
Prazas matriculadas á data 4-02-2011:
0
Data límite de Inscrición: 23 de febrero ás 13 horas
A Inscrición realizarase enchendo a aplicación que está ao final deste artigo. Os alumnos do Conservatorio terán automaticamente praza no curso. Para as demais prazas ou no caso de que haxa máis alumnos do conservatorio matriculados que o número de prazas para o curso, imperará rigorosa orde de inscrición. O día 24 de febreiro confirmarase aos alumnos a realización do curso. No caso de non obter praza procederase ao reingreso inmediato da totalidade do importe abonado.
Ademais da inscrición, realizarase o abono do curso, indicando o nome e apelido do alumno, e a palabra viola. O certificado de abono pode mandarse escaneado no momento de realizar a inscrición, o despois por mail: a conserweb@conservatoriosuperiorvigo.com , fax: 986481807 ou entregándoo na secretaría do Centro.
Profesora Coordinadora: Sara Franco
- Dirixidas a alumnos de Grao Superior e Profesional
- Organiza: CMUS Superior de Vigo, Departamento de Corda
- Patrocina: Concellería de Cultura
- Colabora: Orquestra Vigo 430