Instalacións
O Conservatorio Superior de Música de Vigo conta con tres edificios diferentes construídos en distintas épocas. Albergan 47 aulas, que inclúen aulas instrumentais, de materias colectivas, de Música de Cámara, de Orquestra, de Informática, así como un Laboratorio de Electroacústica. Dispón tamén de 8 cabinas de estudo, a disposición do alumnado.
AUDITORIO SALA DE CONCERTOS MARTÍN CÓDAX
O Conservatorio Superior de Música de Vigo é considerado o máis dinámico de Galicia pola súa traxectoria e pola súa actividade cultural que desenvolve no seu auditorio “Martín Códax”.
Dende a inauguración do auditorio en 1995 pasaron diferentes personalidades da música e da cultura: Teresa Berganza, Jan-Ives Thibaudet, Carmelo Bernaola, Tomás Marco, Cristobal Halffter, Luis de Pablo, Michael Chance, La Reverdie, David Russell, Alfredo Aracil, Xavier Montsalvatge, etc.DATOS TECNICOS
Escenario
Boca: 15,80 m
Fondo: 7,62 m
Escenario: 13,69 mCapacidade
290 butacas e 300 espectadores de péInstalacións
Camerinos, salas de ensaio, cafetería e xardín