O programa ERASMUS
ERASMUS é un subprograma do Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP) que permite aos centros participantes no mencionado progama a realización de intercambios e mobilidades de alumnos, profesores e persoal non docente
O programa recibe o seu nome do humanista e teólogo Desiderius Erasmus de Rotterdam (1465-1536) quen viaxóu para traballar e estudar nos máis importantes centros de ensino da época, entre os que se destacan Paris, Lovaina e Cambridge. Ao igual que a persoaxe, o programa Erasmus otorga gran importancia á mobilidade e á ampliación de perspectivas profesionais a través da aprendizaxe. Abandonando o seu destino na Universidade de Basilea, foi un pionero das becas de mobilidade que hoxe levan o seu nome.
Estudos realizados demostran que un período no extranxeiro non só enriquece a vida dos estudantes no terreo académico sino tambén na adquisición de destrezas interculturales e autosuficiencia. Os intercambios do persoal docente e non docente producen os mesmos beneficios, tanto para os participantes como para as instituciones involucradas.
Ademáis das accións de mobilidade, o Programa Erasmus apoia o traballo cooperativo entre as institucións de ensino superior a través de programas intensivos, networks e proxectos multilaterais.
Poucos programas lanzados por a Unión Europea tiveron unha acollida similar. Cerca dun 90% das universidades europeas participan en Erasmus e 2 millóns de estudantes participaron no programa desde o seu inicio en 1987. O orzamento anual sobrepasa os 440 millóns de euros, participan máis de 4000 institucións de ensino superior en 31 países e aínda máis están esperando engadirse ao programa.
Obxetivos e accións
Erasmus converteuse nun vehículo da modernización do ensino superior en Europa e ha inspirou o proceso de Bolonia.
O obxectivo xeral do Programa é crear un Area de Ensino Superior e fomentar a innovación por toda Europa.
Erasmus é parte do Programa de Aprendizaxe Permanente ( Lifelong Learning Programme ) Europeo desde 2007 e foi cubrindo novas áreas como as prácticas en empresas (transferidas do programa Leonardo da Vinci), formación de persoal e ensino para o persoal de empresas. O Programa busca expandir as súas accións de mobilidade ainda máis lonxe nos anos vindeiros, alcanzando os 3 millóns de estudantes Erasmus no 2012.
As accións apoian:
Para estudantes:
|
Para persoal de universidades/institucións de ensino superior:
|
||
Para universidades/institucións de ensino superior:
|
Para empresas:
|
As institucións de ensino superior que desexen participar nas accións Erasmus deberán posuir unha Carta Universitaria Erasmus. O obxectivo da Carta é garantizar un alto nivel de calidade en la mobilidade e na cooperación establecendo os principios fundamentais para todas as accións Erasmus que os participantes desexen realizar.
A Comisión Europea é responsable da implementación do programa Erasmus en todas partes e a súa Dirección-Xeral para a Educación e a Cultura coordina as diferentes accións. As mobilidades individuais, tambén chamadas “accións descentralizadas” organízanse a través de axencias nacionais nos 31 países participantes. As accións centralizadas como as networks, os proxectos multilaterais e os premios “Erasmus University Charter” son dirixidos por a Axencia Executiva para a Educación, Audiovisual e Cultura con base en Bruselas.