Convocatoria 2011-2012 / Descarga de formularios
CONVOCATORIA MOBILIDADES ERASMUS / CURSO 2011-2012
O prazo para solicitar mobilidades dentro do programa Erasmus na próxima Convocatoria correspondente ao curso 2011-2012, será do 10 ao 31 de Xaneiro de 2011. Este prazo inclúe as mobilidades de alumnos, profesorado e personal non docente.
Os formularios de solicitude de cada tipo de mobilidade están dispoñibles para a súa descarga na web do Conservatorio: conservatoriosuperiorvigo.com e deberán presentarse dentro do prazo na Secretaría do Centro (de 9h a 13h) ao igual que o resto da documentación necesaria. As solicitudes presentadas fora de prazo perderán todo tipo de prioridade.
Podrás descargar os formularios necesarios na sección correspondente a cada tipo de mobilidade. Os formularios deberán cubrirse no ordenador e deberán enviarse, unha vez cubertos, por correo electrónico antes de rematar o prazo a “jlfernandez@edu.xunta.es”, ben presionando o botón de envío do formulario ou ben como ficheiro adxunto. Igualmente dentro do prazo sinalado deberán entregarse os formularios debidamente asinados nas oficinas de Secretaría do Conservatorio xunto coa totalidade da documentación solicitada en cada caso.
TIPOS DE MOBILIDADES
1.- ALUMNOS (Mobilidades SMS y SMP)
2.- PROFESORES (Mobilidades STA – Impartir formación)
3.- PROFESORES (Mobilidades STT – Recibir formación)
4.- PERSONAL NON DOCENTE (Mobilidades STT – Recibir formación)
_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
1.- ALUMNOS (Mobilidades SMS e SMP) – Descargar:
- Formulario mobilidades por estudios SMS
- Formulario mobilidades para prácticas SMP
- Solicitude SMS para o Centro de destino
- Acordo de Formación
- Número de prazas: Indeterminadas
- Número de becas: É determinado por a Axencia Nacional unha vez presentadas todas as solicitudes
- Destinos posibles: Tódo-los destinos cos que temos asinados Acordos Bilaterais. Para outros destinos, nos que o alumnado esté interesado, poderá solicitarse o acordo bilateral correspondente.
- Duración das mobilidades: Deberá ser durante o curso académico 2011-2012 e por un período mínimo de 3 meses e máximo de 12 meses.
Se o número de solicitudes aceitadas por as universidades/conservatorios de destino fora maior ao de becas ofertadas, procederíase a seleccionar aos aspirantes según a puntuación resultante de valorar as súas candidaturas según os seguintes criterios: o curso académico no que estean matriculados, o expediente académico e o dominio do idioma como criterios más importantes. Se podrán establecer outros criterios de selección en caso de empate. Neste caso, comunicarase aos interesados os criterios empregados.
Os alumnos interesados deberán cubrir por ordenador a solicitude correspondente e deberán presentar igualmente os seguintes documentos na Secretaría do Conservatorio (de luns a venres de 09,00h a 13,00h), dentro do plazo establecido :
- 1 formulario de participación na convocatoria (según o modelo dispoñible para a súa descarga).
- 1 solicitude para cada centro no que se solicita plaza (según o modelo publicado na web do Conservatorio). Non poderán solicitarse máis de 3 centros.
- 1 modelo do Acordo de Formación (Learning Agreement) para cada centro solicitado. Neste acordo deberán indicarse as materias que o alumno desexa cursar en cada un dos centros solicitados. (As materias deberán elixirse entre as propostas no plan de estudos do centro de destino)
- Carta de motivación en inglés firmada por o alumno (1 folio máximo)
- Carta de recomendación do Profesor/Tutor en inglés.
- Certificado académico.
- Certificado de idioma/s no caso de dispoñer dalgún.
- 1 demo CD o DVD por destino solicitado (aprox. 15 a 20 minutos de música)
As solicitudes presentadas fora de prazo perderán todo tipo de prioridade.
Toda a documentación que deba presentarse, (excepto a grabación) deberá cubrirse por ordenador e deberá presentarse con todas as firmas requeridas en cada documento para ser validada co selo do Conservatorio e escaneada posteriormente para a súa conversión en pdf. Para os que non teñan a posibilidade de convertir a súa documentación a pdf, poderán facelo ao presentar TODA a súa documentación no rexistro do Conservatorio, dentro do prazo establecido.
VIGO, a 5 de Xaneiro de 2011
José Luis Fernández
Coordinador de Programas Europeos
____________________________________________________________________________________________________________________________________
2.- PROFESORES (Mobilidades STA – Impartir formación) – Descargar:
- Número de prazas: Indeterminadas
- Número de becas: É determinado por a Axencia Nacional unha vez presentadas todas as solicitudes.
- Destinos posibles: Tódo-los destinos cos que temos asinados Acordos Bilaterais. Para outros destinos, nos que o profesorado esté interesado, poderá solicitarse o acordo bilateral correspondente.
- Duración das mobilidades: A duración mínima é de 1 día e de 5 días a máxima, que é tamén o máximo de días subvencionable. Estas mobilidades poderán efectuarse entre o 1 de Xullo de 2011 e o 30 de Septembro de 2012.
No caso de que o número de solicitudes aceitadas por as universidades/conservatorios de destino fora maior que o número de axudas concedidas, se priorizará aos aspirantes según os seguintes criterios por a orde que se indica:
1º non haber obtido mobilidades anteriormente,
2º non haber obtido mobilidades no curso anterior, e
3º o dominio do inglés ou ben do idioma correspondente ao país de destino onde se impartirá a actividade docente.
Os profesores interesados deberán cubrir a solicitude correspondente e deberán presentar igualmente os seguintes documentos na Secretaría do Conservatorio (de luns a venres de 09,00h a 13,00h) dentro do prazo establecido :
- 1 formulario de participación na convocatoria por cada mobilidade solicitada, según o modelo dispoñible para a súa descarga.
- Proxecto da actividade a desenvolver (Teaching Program Activity) en inglés*.
- Curriculum Vitae en inglés*
- Certificado de idioma/s no caso de ter algún.
* O proxecto de actividade docente (Teaching Program Activity) e o Currículum, ademáis de presenta-los coa solicitude, deberán enviarse igualmente por e-mail en formato Word ou Pdf a “jlfernandez@edu.xunta.es” para poder remitirlo aos centros onde se desexa impartir a actividade
VIGO, a 5 de Xaneiro de 2011
José Luis Fernández
Coordinador de Programas Europeos
____________________________________________________________________________________________________________________________________
3.- PROFESORES (Mobilidades STT – Recibir formación) - Descargar:
- Número de prazas: Indeterminadas
- Número de becas: É determinado por a Axencia Nacional unha vez presentadas todas as solicitudes
- Destinos posibles: Tódo-los destinos cos que temos asinados Acordos Bilaterais. Para outros destinos, nos que o profesorado esté interesado, poderá solicitarse o acordo bilateral correspondente.
- Duración das mobilidades: A duración mínima é de 5 días que é tamén o máximo de días subvencionable. Estas mobilidades poderán efectuarse entre o 1 de Xullo de 2011 e o 30 de Septembro de 2012.
No caso de que o número de solicitudes aceitadas por as universidades/conservatorios de destino fora maior que o número de axudas concedidas, se priorizará aos aspirantes según os seguintes criterios por a orde que se indica:
1º non haber obtido mobilidades anteriormente,
2º non haber obtido mobilidades no curso anterior,
3º o dominio do inglés ou ben do idioma correspondente ao país de destino onde se efectuará a actividade formativa, e
4º o interés da actividade plantexada, prorizándose aquelas que estén relacionadas coa actividade académica do centro
Os profesores interesados deberán cubrir a solicitude correspondente e deberán presentar igualmente na Secretaría do Conservatorio (luns a venres de 09,00h a 13,00h), dentro do prazo establecido os seguintes documentos:
- 1 formulario de participación na convocatoria por cada mobilidade solicitada, según o modelo dispoñible para a súa descarga.
- Proxecto da actividade a desenvolver (Teaching Training Activity)
- Curriculum Vitae
- Certificado de idioma/s no caso de ter algún.
VIGO, a 5 de Xaneiro de 2010
José Luis Fernández
Coordinador de Programas Europeos
____________________________________________________________________________________________________________________________________
4.- PERSONAL NON DOCENTE (Mobilidades STT – Recibir formación) - Descargar:
- Número de prazas: Indeterminadas
- Número de becas: É determinado por a Axencia Nacional unha vez presentadas todas as solicitudes
- Destinos posibles: Tódo-los destinos cos que temos asinados Acordos Bilaterais. Para outros destinos, nos que o personal non docente esté interesado, poderá solicitarse o acordo bilateral correspondente.
- Duración das mobilidades: A duración mínima é de 5 días que é tamén o máximo de días subvencionable. Estas mobilidades poderán efectuarse entre o 1 de Xullo de 2011 e o 30 de Septembro de 2012.
No caso de que o número de solicitudes aceitadas por as universidades/conservatorios de destino fora maior que o número de axudas concedidas, se priorizará aos aspirantes según os seguintes criterios por a orde que se indica:
1º non haber obtido mobilidades anteriormente,
2º non haber obtido mobilidades no curso anterior,
3º o dominio do inglés ou ben do idioma correspondente ao país de destino onde se efectuará a actividade formativa, e
4º o interés da actividade plantexada, prorizándose aquelas que estén relacionadas coa actividade académica do centro
O personal non docente interesado deberán cubrir a solicitude correspondente e deberá presentar igualmente os seguintes documentos na Secretaría do Conservatorio (luns a venres de 09,00h a 13,00h), dentro do prazo establecido: